Friday 28 de June de 2024

O Auditorio de Ribeira xa luce como faro cultual


O alcalde, Luís Pérez, a conselleira de Política Social, Fabiola García, a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García, o senador Manuel Ruiz, toda a Corporación municipal, arquitectos e demás autoridades xunto ca veciñanza de Ribeira déronse cita ás 19:00 h para o acto de inauguración do Auditorio de Ribeira.

O alcalde, recibiu tanto á veciñanza coma ás autoridades e persoeiros invitados ao evento, ás 19:50 h descubriuse unha praca conmemorativa; a continuación procedeuse aos discursos protocolarios nos que interviron a Deputada, a Conselleira e o Alcalde que deu a benvida a tódolos indicando que este auditorio aparte de sala principal, pusúe tamén unha sala polivalente para 120 persoas, un local de ensaio, amplos camerinos e dotado con novas tecnoloxías, sinalando que neste último ano se consegui implementar melloras no equipamento escénico para que se poidera acoller todo tipo de actos; cinema, circo, teatro, danza…

Tamén sinalou: “sabemos que o custo de esta infraestructura incrementouse con respecto aos orzamnetos iniciais pero tamén creo que momento de mirar cara o futuro para que poidamos converter este gasto nun verdadero investimento beneficioso para todos/as facendoo ca mellor eficiencia posible porque este auditorio é voso, é da población de Ribeira” tamén fixo referencia a que será un reto de enorme responsabilidade dotalo de contido para que este espazo sexa un motor de dinamización da vida cultural, social e tamén económica do Concello.

Ribeira ten un amplo abano de dinamismo cultural e este novo espazo tamén reforzará a cultura local, pero tamén abrirase ao mundo traendo espectaculos a nivel nacionale intenacional.
Lúis Pérez nomeou ás entidades que xa non están con nós, Ancoradoiro, A Orquestra Municipal de Aguiño, A Banda Municipal de Música de Ribeira, o Cine Club do Rueiro ou o Grupo do teatro do Círculo Mercantíl; entidades que foron capaces de crear e promover e estimular a cultura en Ribeira cando non se dispoñía de tantos medios.

Hoxe foi un día moi especial para a veciñanza de Ribeira, a arquitectura e a cultura danse a man nun novo espazo para una nova era cultural para Ribeira

Deja un comentario